A difusión exterior do galego e a diáspora galega

  • Takeshi Kakihara Universidade Kwansei Gakuin
Palabras clave: difusión exterior da lingua galega, centros galegos, diáspora galega, política lingüística

Resumen

O obxectivo deste estudo é achegarnos á realidade da política de difusión exterior da lingua galega por parte da Xunta de Galicia e aclarar o seu significado e as relacións cos galegos emigrados e os seus descendentes. A Xunta de Galicia leva a cabo actividades de difusión como parte da política de normalización lingüística. Suponse que as seguintes dúas son as actividades principais de difusión deste idioma: (1) a promoción do galego para non-galegofalantes e (2) o mantemento de galego dos emigrantes galegos. O autor deste estudo presenta neste artigo que tipo de medidas toma cada parte involucrada analizando os datos obtidos da consulta bibliográfica e das entrevistas realizadas coas partes implicadas: a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Secretaría Xeral da Emigración, Centros Galegos e o Instituto Cervantes. Neste artigo analizaremos os casos de Arxentina, de Brasil e de Alemaña como exemplos da comunidade dos galegos emigrados. Tamén analizaremos as actividades que desenvolven os centros do Instituto Cervantes relacionadas coa difusión das linguas cooficiais de España.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Kakihara T. (2019). A difusión exterior do galego e a diáspora galega. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 277-284. https://doi.org/10.5209/madr.66866
Sección
Notas