A praxe da memoria histórica: o monumento de Pepe Galán

  • John Thompson Montana State University
Palabras clave: Memoria histórica, guerra civil española, franquismo, monumentos conmemorativos, lugares de memoria

Resumen

Erixidos desde o final do século pasado, os monumentos que simbolizan os crimes fascistas desempeñan un papel problemático no proceso da recuperación da memoria histórica. A grande maioría deles abandonáronse, de modo que é máis probábel que funcionen en contra da memoria que a prol dela. Unha excepción é a obra de Pepe Galán colocada no valigato que desemboca na cala do Portiño na cidade da Coruña. O monumento alude ao masacre dun grupo de militantes de esquerda que tentaron fuxir en marzo de 1937 desde O Portiño a Asturias. Para conseguir que unha obra como a de Galán funcione, cómpre un grande esforzo que ten que vir principalmente das asociacións de memoria e dos institutos. Este monumento nunca foi analizado malia posuír potencial para avanzar a causa da memoria histórica. Esta situación de desleixo pódese transformar nunha oportunidade para sensibilizar a sociedade, e sobre todo a xuventude, cara ao trauma causado polo fascismo.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Thompson J. (2019). A praxe da memoria histórica: o monumento de Pepe Galán. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 285-292. https://doi.org/10.5209/madr.66863
Sección
Notas