Patrimonio inmaterial, comunidade e familia na antroponimia da Galicia interior (ss. XVII-XIX)

  • Tamara González López Universidade de Santiago de Compostela
Palabras clave: patrimonio inmaterial, antroponimia, Lugo, familia, bautismo, apadriñamento

Resumen

O nome constituía unha posesión inmaterial que se recibía no bautismo e conformaba unha das principais pezas da identidade do neonato. A súa escolla respondía a uns parámetros que foron mudando conforme ao contexto, pero que, na práctica, mantiña o simbolismo que o vinculaba coa familia carnal e espiritual, así coma coa propia comunidade na que a persoa se integraba. Non se trataba da simple asignación dun nome, senón que ese nome acostumaba ser transmitido por unha persoa do seu entorno a modo de dádiva inmaterial e de demostración da relación existente. Analizar as vías de asignación ilustra a evolución que o repertorio onomástico do interior galego tivo ao longo do Antigo Réxime, amosando a forte relevancia que a familia e a comunidade tiveron. Contribúe, amais, a explicar as razóns que levaron á pronta incorporación de determinados nomes que non pertencían á onomástica tradicional galega, así como o rexeitamento a outros nomes.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
González López T. (2019). Patrimonio inmaterial, comunidade e familia na antroponimia da Galicia interior (ss. XVII-XIX). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 193-208. https://doi.org/10.5209/madr.66859
Sección
Artículos