Poemas de Maria Cyranowicz

Rebeca Lema, Karolina Stępień

Resumen


Maria Cyranowicz (Varsovia, 1974) é unha poeta e crítica literaria polaca, integrante da corrente literaria Neolingwizm (Neolingüismo), que propón o afastamento do texto poético clásico para reivindicar a importancia da poesía audiovisual. Estudou Filoloxía Polaca na Universidade de Varsovia, onde actualmente prepara a súa tese de doutoramento. Tamén traballa como editora da revista literaria Wakat, sobre a promoción das tendencias de vangarda na arte e literatura. Ten publicados diversos poemas e artigos en distintas revistas e xornais polacos coma Studium, Czas Kultury, Fa-Art, Twórczość, Ha!art ou Teksty Drugie. Ademais, é autora de cinco libros de poesía: neutralizacje (Fronda, Varsovia, 1997), i magii nacje (Zielona Sowa, Cracovia, 2001), piąty element to fiksja (Staromiejski Dom Kultury, Varsovia, 2004), psychodelicje (Staromiejski Dom Kultury, Varsovia, 2006) e denpresja (Fundacja Modern Art Means Modern Artist Language MAMMAL, Varsovia, 2009), e coeditora das antoloxías Gada !zabić?. Pa(n)tologia neolingwizmu, xunto con Paweł Kozioł (Varsovia, 2005) e Solistki. Antologia poezji kobiet (1989- 2009), xunto con Joanna Mueller e Justyna Radczyńska (Varsovia, 2009).

Texto completo: PDF

Refbacks

  • No hay Refbacks actualmente.





Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
ISSN 1138-9664
ISSN-e 1988-3285

© . Universidad Complutense de Madrid
Biblioteca Complutense | Ediciones Complutense