Vicente Risco e a modernidade. Lectura e análise de tres relatos

Xosé Luís Sánchez Ferraces

Resumen


Insatisfeito, descontento co seu tempo, Vicente Risco participou con afouteza —igual fixeron moitos outros escritores coetáneos— no asalto literario aos grandes mitos dos séculos XIX e XX: a razón, a ciencia e o progreso. Para conseguir o seu obxectivo valeuse, indistintamente, de ensaios, novelas e pequenas narracións. Este traballo pretende demostrar que unha parte da súa obra narrativa, a formada polos relatos Do caso que lle aconteceu ó doctor Alveiros, O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, foi pensada e escrita desde unhas premisas irracionalistas nas que o soño, a fantasía, o mito, a lenda, a tradición, a natureza e o instinto eran as verdadeiras vías de acceso ao máis auténtico e real. - Insatisfecho, descontento con su tiempo, Vicente Risco participó con valentía —lo mismo hicieron otros muchos escritores coetáneos— en el asalto literario a los grandes mitos de los siglos XIX y XX: la razón, la ciencia y el progreso. Para conseguir su objetivo se valió, indistintamente, de ensayos, novelas y pequeñas narraciones. Este trabajo pretende demostrar que una parte de su obra narrativa, la formada por los relatos Do caso que lle aconteceu ó doctor Alveiros, O lobo da xente y A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, fue pensada y escrita desde unas premisas irracionalistas en las que el sueño, la fantasía, el mito, la leyenda, la tradición, la naturaleza y el instinto eran las verdaderas vías de acceso a lo más auténtico y real.

Texto completo: PDF

Refbacks

  • No hay Refbacks actualmente.





Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
ISSN 1138-9664
ISSN-e 1988-3285

© . Universidad Complutense de Madrid
Biblioteca Complutense | Ediciones Complutense